Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación ordinaria, para a subministración de autoclaves, electrocardiógrafos e outros aparellos de diagnóstico (C.P. 1/1998).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de autoclaves, electrocardiógrafos e outros aparellos de diagnóstico.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 9.714.300 ptas. (IVE incluído).

Garantía provisional: 194.286 ptas.

Lote 1: sete autoclaves.

Orzamento: 2.800.000 ptas.

Garantía provisional: 56.000 ptas.

Lote 2: dez electrocardiógrafos.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 80.000 ptas.

Lote 3: diversos aparellos de diagnóstico.

Orzamento: 2.914.300 ptas.

Garantía provisional: 58.286 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: un mes máximo contado desde a notificación da adxudicación ó contratista, ou menor se é ofertado por este, constituíndo un dos criterios de adxudicación.

Admisión de variantes: admítense, debendo especificarse as distintas modalidades. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas establecidas.

Solvencia económica e financeira: seguirase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: seguirase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación, para cada un dos lotes, realízase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

Lote 1 e 2:

-Características funcionais, técnicas e de calidade: 30%.

-Prezo: 25%.

-Prazo de garantía ofertado: 20%.

-Características servicio técnico e custo de mantemento posterior: 15%.

-Prazo de entrega: 10%.

Lote 3:

-Características funcionais, técnicas e de calidade: 50%.

-Prezo: 40%.

-Prazo de entrega: 10%.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser retirada no departamento de investimentos e mantemento da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13-3º, 32005 Ourense. Teléfono: 988 38 64 36, fax: 988 38 64 50 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 14 de xullo de 1998.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense

7557