Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.290

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing, a José Carlos Prado Prado (praza 81/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24) para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing, a prol de José Carlos Prado Prado, con documento nacional de identidade número 36.034.357 e cumprindo o interesado os requisitos ós que se refire o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Carlos Prado Prado, catedrático de universidade da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 20 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7258