Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por poxa, procedemento aberto, do proxecto de pavimentación de pista de tenis e outra, campo de fútbol da Baiuca, Plan Provincial de Cooperación.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.-Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.-Obxecto do contrato: a pavimentación de pista de tenis e obras no campo de fútbol da Baiuca no concello da Estrada, incluídos no proxecto de Montero Vaz.-Prazo de execución: des meses.-Tramitación: ordinaria.-Procedemento: aberto.-Forma: poxa.-Tipo de licitación: 14.640.104 ptas.-Garantía provisional: 292.802 ptas.-Garantía definitiva; 585.604 ptas.-Obtención de documentación: na Secretaría Xeral.-Información: chamando ó Concello da Estrada, Telf. 986 57 01 65 extensión 15.-Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na oficina de plicas da Secretaría Xeral das 9 ás 13 horas.-Documentos que hai que presentar.-Sobre 1.- Documento xustificativo da personalidade. De ser empresa, esíxese poder debidamente verificada a súa suficiencia polo secretario do concello.-Documento xustificativo da clasificación da empresa no

grupo C, subgrupo 6, categoría B.-Declaración de non estar incurso nos supostos dos artigos 15 a 20 da Lei 13/1995.-Xustificante de ter constituída a finaza provisional.-As empresas estranxeiras presentarán declaración de renuncia ó foro xurisdiccional estranxeiro.-Prégase a non presentación de documentación distinta á requirida.-Sobre 2.-Oferta económica adaptada ó modelo.-Apertura, en acto público, dos sobres de documentación, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.-Seguidamente, abriranse os sobres de oferta económica e procederase á adxudicación provisional. En caso de empate seguiríase o sistema establecido no prego.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 23 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7534