Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/64-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Modf-I, L.M.T., C.T., R.B.T. Ardarís-Lestedo.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 670 m de lonxitude, en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Rubial e remate no C.T. que se vai construír en Ardarís, tipo aéreo de 50 kVA e rede de baixa tensión en R.Z. de 715 m, concello de Boqueixón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6914