Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa de parque eólico. (Expediente IN661A 98/2-3).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o apro

veitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización da instalación do parque eólico que se describe a continuación:

Denominación: parque eólico de Meda.

Solicitante: UIPICSA.

Enderezo social: Iparraguirre, 12, 48009 Bilbao (Biscaia).

Situación: terreos situados nos concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo.

As coordenadas UTM (m) do polígono hexagonal que delimita a zona de implantación dos aeroxeradores e da subestación transformadora son:

PuntoUTM-xUTM-y

16140004689000

26150004689000

36150004688000

46150004687000

56150004687000

66150004686000

76140005686000

Descricións técnicas: o parque eólico de Meda disporá dun conxunto de 18 aeroxeradores de 660 kW de potencia unitaria, que suma unha potencia bruta total de 11,88 mW, e dunha subestación transformadora 20/132 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 25 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6915