Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.241

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se corrixen erros e modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para ingreso na escala auxiliar desta universidade.

En relación coa convocatoria de probas selectivas para cubrir 31 prazas da escala auxiliar da Universidade de Santiago, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de xullo de 1988 (nº 131).

O rector, en uso das competencias que lle están atribuídas polo artigo 18 da Lei 11/1983, de reforma universitaria, en relación co seu artigo 3.e), así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolveu:

Modifica-la composición do tribunal que figura na convocatoria, nomeando os seguintes:

Carlos Manuel Fernández Izquierdo, funcionario da escala auxiliar da Universidade de Santiago, en representación da xunta de persoal do PAS funcionario, como vocal titular en substitución de Santiago Sánchez Camino.

Juan José Llamas Rozas, funcionario da escala auxiliar da Universidade de Santiago, en representación da xunta de PAS funcionario, vocal suplente, en substitución de Celestino Figueirido Lojo.

Procede face-las seguintes correccións:

No anexo III, tribunal titular, onde di: «Secretaria: Mª de los Reyes E. Fernández Zanca, funcionaria da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto», debe dicir: «Secretaria: Mª de los Reyes E. Fernández Zanca, funcionaria da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela».

No anexo III, tribunal suplente, onde di: «Secretaria: Mª del Carmen Pazo Guerreiro, funcionaria

da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto», debe dicir: «Secretaria: Mª del Carmen Pazo Guerreiro, funcionaria da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela».

Contra a presente resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formularse, logo da notificación a este rectorado, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

7224