Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.238

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 15 de xullo de 1998 do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997 para o ingreso na clase de inspectores médicos.

A resolución da División de Recursos Humanos do 15 de maio de 1998 (DOG nº 100, do 27 de maio) fixo público o acordo deste tribunal, entre outros, relativo ó anuncio da exposición ó público das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ó primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto no punto quinto, os interesados podías presentar reclamación contra a dita publicación perante o propio tribunal, en concordancia co disposto na base décima, punto 3, da resolución de convocatoria de concurso-oposición do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), que dispón que cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola autoridade convocante, poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Xa que logo, recibida reclamación dunha das aspirantes pola que se advirte do seu erro material na contestación da folla de respostas no primeiro exercicio da fase de oposición, coa conseguinte distorsión aritmética na puntuación que lle correspondería nesta proba, e visto o oportuno informe emitido para o efecto pola Asesoría Xurídica da Consellería de Sanidade e Servicio Sociais, este tribunal,

ACORDA:

Primeiro.-Modifica-la puntuación reflectida na lista de notas do primeiro exercicio da fase de oposición da aspirante, Celia Ramón Díez, DNI 32.417.185, outorgándolle 28,34 puntos, sen que se produza alteración ningunha nas puntuacións obtidas polos demais aspirantes.

Segundo.-Contra este acordo poderá presentarse reclamación perante o tribunal, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

Manuel A. Silva Romero

Presidente do Tribunal de Inspección Médica

7142