Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.212

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de xuño de 1998 pola que se dispón a publicación do modelo de estatutos de confrarías elaborados de conformidade co disposto no Decreto 79/1998, do 12 de febreiro.

Adverridos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 137, do día 17 de xullo de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 8.134, artigo 15º.3, onde di: «... das agrupación de traballadores e empresarios que forman parte da xunta electoral...», debe dicir: «... das agrupacións de traballadores e empresarios que forman parte da xunta xeral...».

-Na páxina 8.137, artigo 27º.2, onde di: «... funcións recollidas no artigo 4º.1 deste estatuto e as alíneas a), g) e l)...», debe dicir: «... funcións recollidas no artigo 4º.1 deste estatuto e as alíneas a), f) e l)...».

-Na páxina 8.137, artigo 27º.3, onde di: «... funcións recollidas no artigo 4º.2, agás as alíneas a), g) e l)...», debe dicir: «... funcións recollidas no artigo 4º.2, agás as alíneas a), f) e l)...».

-Na páxina 8.143, artigo 65º.3, onde di: «As infraccións serán impostas por...», debe dicir: «As sancións serán impostas por...».

7500