Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se declara deserto o concurso público, aberto e urxente para a contratación da execución da obra: casetas para pescadores no Barizo. (Clave: CO-12-22-98-01).

Por Resolución do 11 de maio de 1998, publicada no DOG número 94 do día 19 de maio de 1998, na que se convocaba o concurso público, aberto e urxente para a contratación da obra de referencia, o presidente do ente público Portos de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.3º g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e no artigo 9 h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o

Regulamento de Portos de Galicia, e conforme a proposta de adxudicación formulada de acordo co disposto na cláusula 2.2.6.1.b) do prego de cláusulas administrativas particulares do concurso, pola mesa de contratación, reunida para tal efecto o día 11 de xuño de 1998

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso público, aberto e urxente, convocado por Resolución do 11 de maio de 1998, para a contratación da execución da obra casetas para pescadores no Barizo.

O que en cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administratrivo común, notifícase, advertíndose que a presente resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

6985