Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T, R.B.T. Vigueira da Arriba-Verducedo.
Situación: Montederramo.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 2.244 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Vigueira de Arriba-Cadaval e remate no
C.T. de Veducedo. Rede de baixa tensión aérea desde o C.T. de Verducedo con 1.880 m, en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 2 de xullo de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6898