Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T. Camos-Pazo, no municipio de Nigrán, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., que foi declarada de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 16-2-1998 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico). (Expediente 97/251-4 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afec

tados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 18 de agosto, a partir das 11.30 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Nigrán, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora nas que, para cada un deles, terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou por un notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 26 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 97/251. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Camos-Pazo.Termo municipal: Nigrán.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5MaceirasLabradíoManuel Gómez FigueroaAs Tomadas-Chandebrito 19, 36360 Nigrán1183

6MaceirasViñaClemente Rial CostasPracín-Chandebrito 6, 36360 Nigrán2254568

7AbeleiraMonte baixoJulia Rial CostasEstr. Rasela-Verín 49, 32600 Ourense13168

9AbeleiraMonte baixoVicente Estévez ValverdeRúa da Touza 13, 36360 Camos-Nigrán30480

10AbeleiraMonte baixoEugenio Brito FigueroaA Cruz 1, 36360 Camos-Nigrán60930

11AbeleiraLabradíoManuel Gómez FigueroaAs Tomadas-Chandebrito 19, 36360 Nigrán570

6908