Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.183

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de xullo de 1998 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia 1/1997, convocado pola Orde do 9 de decembro de 1997.

Convocado concurso 1/1997 pola orde desta consellería, do 9 de decembro de 1997 (DOG nº 244, do 18 de decembro), e á vista das propostas de adxudicacións de vacantes ós participantes no concurso, elevadas polas comisións de valoración de méritos dos concursantes, mediante acordos adoptados na sesión do 31 de xullo de 1998, esta consellería, de conformidade co previsto na base V.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 1/1997, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo I os postos de traballo que se especifican nel.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtiveron un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día 22 de setembro de 1998.

Terceiro.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Relación de consellerías (corresponde ós dous primeiros caracteres do código do posto)

AG: Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU: Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED: Educación e Ordenación Universitaria.

EF: Economía e Facenda.

FA: Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC: Industria e Comercio.

MA: Medio Ambiente.

OT: Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE: Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR: Presidencia e Administración Pública.

SA: Sanidade e Servicios Sociais.

XU: Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

7437