Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 149/1998, do 1 de xullo, insírese anuncio deste concello referente ó concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación do servicio de recollida de lixo (residuos sólidos urbanos) nos municipios de Oza dos Ríos, Cesuras e Coirós, de acordo co seguinte detalle:

a) Prego de cláusulas económico-administrativas: publicado integramente no devandito BOP.

b) Tipo de licitación: será proposto libremente polos licitadores, IVE incluído.

c) Fianzas: provisional: 200.000 ptas; definitiva: 4% da adxudicación.

d) Proposicións e demáis documentación: BOP da Coruña nº 149/1998, do 1 de xullo.

e) Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no DOG.

Cesuras, 9 de xullo de 1998.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde

6997