Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA VEIGA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Veiga.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución das obras accesos a Riomao e abastecemento en Xares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.500.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 230.000 ptas.

b) Definitiva: 460.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Domicilio: praza do Concello, 1, 32360, A Veiga. Teléfono: 988 35 00 00. Fax: 988 35 00 60.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite da presentación: 13 días naturais contados a partir do primeiro día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG. Se o último día do prazo coincidise en festivo, o prazo amplíase ata o seguinte día natural non festivo. Non se admitirán proposicións que cheguen por correo fóra do prazo sinalado para a presentación de proposicións.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas particulares que rexe a contratación e conforme o modelo que no devadito prego se establece.

c) Lugar de presentación: secretaría.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello da Veiga.

b) Domicilio: praza do Concello, 1, 32360, A Veiga.

c) Data: ás 12 horas do primeiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. Non se considerarán hábiles para estes efectos, os sábados.

A Veiga, 22 de xullo de 1998.

Vicente Garcia Carrasco

Alcalde

7422