Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública o estudio de efectos ambientais dun proxecto de vertedoiro de residuos inertes e non perigosos, situado no termo municipal das Somozas, provincia da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de vertedoiro de residuos

inertes e non perigosos, promovido por Xiloga, S.A., situada no concello das Somozas, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello das Somozas.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

7461