Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 06 de agosto de 1998 Páx. 9.146

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998, do tribunal II-1, nomeado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó grupo II categorías 2, 11 e 20, pola que se anuncia a puntuación definitiva da fase de concurso.

De conformidade coas bases II.1.1.4 e II.1.4 da Orde do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso o grupo II categoría 2, ATS DUE, enfermeiro/a, 11 fisioterapeuta e 20 terapeuta ocupacional, anúnciase que están expostos

nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública así como nas súas delegacións provinciais, os listados coa puntuación definitiva dos aspirantes correspondentes á fase de concurso das categorías sinaladas.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1998.

Jaime Bouzada Romero

Presidente do tribunal II-1

6828