Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de xullo de 1998 de notificación do requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-CD/68, contas 9108 e 9016).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, tendo en conta o establecido no artigo 1091º do Código Civil e no contrato de compravenda subscrito no seu día, con carácter previo á resolución do contrato en aplicación dos artigos 1124º e 1504º do Código Civil.

Concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente ou en servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo para os efectos de presentaren os documentos e xustificacións que consideren convenientes para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento.

-Amador Fidalgo Lodeiro.

Local comercial nº 103-E, rúa Hércules 89, Ferrol, A Coruña.

Expediente: C-2-CD/68, conta 9108.

578.280 ptas.

-Jesús Montero Rodríguez.

Local comercial nº 16, rúa Conde 8, 1º A Esqda. Ferrol, A Coruña.

Expediente: C-2-CD/68, conta 9016.

131.240 ptas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

7407