Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Guerra XI.
Cultivo: mexillón.
Localización: Bueu A cuadrícula 32.
Data da concesión: 3-7-1972.
Data na que remata a derradeira prórroga: 3-7-2002.
Anterior concesionario: José Budiño Otero (NIF 76.832.892N) e Josefa Gómez López (NIF 76.833.599Y).
Novo titular da concesión: Rafael Budiño Gómez (NIF 52.494.506L).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Pontevedra, 29 de xuño de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
6746