Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do concurso de subministración que a continuación se relacionan, anunciados no Diario Oficial de Galicia nº 59, do 27 de marzo de 1998.

-Partida nº 1 (lavalouzas): Irago Exclusivas y Distribuciones, S.A., por importe máximo de 191.270 ptas. (cento noventa e unha mil duascentas setenta pesetas).

-Partida nº 2 (limpeza xeral): Irago Exclusivas y Distribuciones, S.A., por importe máximo de 982.399 ptas. (novecentas oitenta e dúas mil trescentas noventa e nove pesetas).

-Partida nº 3 (hixiene téxtil): Irago Exclusivas y Distribuciones, S.A., por importe máximo de 322.750 ptas. (trescentas vintedúas mil setecentas cincuenta pesetas).

-Partida nº 4 (material de aseo): Darlim, S.L., por importe máximo de 1.356.036 ptas. (un millón trescentas cincuenta e seis mil trinta e seis pesetas).

-Partida nº 5 (material vario de limpeza): Darlim, S.L., por importe máximo de 240.143 ptas. (duascentas corenta mil cento corenta e tres pesetas).

-Partida nº 6 (celulosa e rexeitables): Irago Exclusivas y Distribuciones, S.A., por importe máximo de 1.393.278 ptas. (un millón trescentas noventa e tres mil duascentas setenta e oito pesetas).

-Partida nº 7 (bolsas de plástico): Irago Exclusivas y Distribuciones, S.A., por importe máximo de 122.500 ptas. (cento vintedúas mil cincocentas pesetas).

-Partida nº 8 (empapadores e guantes): Sca Mölnlycke, S.A., por importe máximo de 1.664.920 ptas. (un millón seiscentas sesenta e catro mil novecentas vinte pesetas).

-Partida nº 9 (varios de hixiene): Sanicén, S.A., por importe máximo de 885.281 ptas. (oitocentas oitenta e cinco mil duascentas oitenta e unha pesetas).

Vigo, 29 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

6949