Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.103

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias morfolóxicas, do departamento de Ciencias Morfolóxicas, a Maximino Quintáns Rodríguez. (Praza 1505/97).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 20 de outubro de 1997 (BOE do 19 de novembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias morfolóxicas, do departamento de Ciencias Morfolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Maximino Quintáns Rodríguez, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Maximino Quintáns Rodríguez profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias morfolóxicas, do departamento de Ciencias Morfolóxicas, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

6873