Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 05 de agosto de 1998 Páx. 9.098

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 28 de xullo de 1998, do tribunal nomeado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, grupo B, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, polo que se anuncia a puntuación da fase de concurso.

De conformidade co disposto na base II.1.4. da Orde do 26 de agosto de 1997, pola que se convocan as citadas probas selectivas (DOG nº 199, do 15-10-1997), anúnciase que a partir do día de publicación do presente acordo están expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e das súas delegacións provinciais, e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e das súas delegacións territoriais, as listas coa puntuación dos aspirantes correspondente á fase de concurso do referido proceso selectivo.

Os interesados afectados poderán formula-las alegacións que consideren pertinentes no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

José R. Díaz Presedo

Presidente do tribunal

6945