Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 6 de xullo de 1998, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que reserán a contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do Servicio de Conserxería e Limpeza do CEIP Manuel Mato Vizoso e do Servicio de Limpeza do Centro de Educación Infantil, ambos en Vilalba.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó memso tempo, o concello anuncia a licitación dos citados contratos de obras, os cales quedarán aprazados, se houbese reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución:

Servicio de Conserxería e Limpeza do CEIP Manuel Mato Vizoso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello de Vilalba: b) Dependencias nas que se tramita o expediente: oficinas municipais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Servicio de Conserxería e Limpeza do CEIP Manuel Mato Vizoso; b) Lugar de execución: termo municipal de Vilalba; c) Orzamento de licitación: 6.000.000 de ptas. IVE incluído.

3. a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto; c) Forma: concurso.

4. Garantías: provisional: 120.000; Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilalba (Lugo); b) Domicilio: Praza da Constitución, nº 1; c) Localidade e código postal: Vilalba-27800; d) Teléfono: 982 51 07 61; e) Fax: 982 51 18 15; f) Fecha límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro psoterior ó da data da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG; g) Criterios que servirán de base para la adxudicación: mellor prezo, acreditar coñecementos sobre o servicio que é obxecto deste concurso, prestación de servicios a este concello en tarefas de conserxería e limpeza, prestación de servicios a outras administracións públicas en tarefas de conserxería e limpeza.

6. Gastos de anuncios: o pagamento do importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

7. Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, durante os trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP ou no DOG, en horario das 10 ás 14 horas, en sobres pechados e asinados de acordo coa base décimo cuarta do prego; a documentación que se vai achegar é a esixida na dita cláusula.

8. Apertura de plicas:

a) Lugar: Casa do Concello; b) Data: terceiro día hábil psoterior contado desde a data de terminación do prazo de presentación de plicas sempre que non coincida en sábado; en tal caso abriríanse o primeiro día hábil seguinte; c) Hora: trece horas.

Anexo.-Modelo de proposición.

Servicio de Limpeza do Centro de Educación Infantil.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello de Vilalba; b) Dependencias nas que se tramita o expediente: oficinas municipais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Servicio de Limpeza do Centro de Educación Infantil; b) Lugar de execución: termo municipal de Vilalva; c) Orzamento de licitación: 2.000.000 de pesetas IVE incluído.

3. a) Tramitación: urxente; b) Procedemento: aberto; c) Forma: concurso.

4. Garantías: provisional: 40.000; Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilalba (Lugo); b) Domicilio: Praza da Constitución, nº 1 ; c) Localidade e código postal: Vilalba-27800; d) Teléfono: 982 51 07 61; e) Fax: 982 51 18 15; f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro posterior ó da data da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG; g) Criterios que servirán de base para a adxudicación: mellor prezo, acreditar coñecementos sobre o servicio que é obxecto deste concurso, prestación de servicios a este concello en tarefas de limpeza, prestación de servicios a outras administracións públicas en tarefas de limpeza.

6. Gastos de anuncios: o pagamento do importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

7. Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, durante os trece días naturais contados desde o seguitne ó da publicación deste edicto no BOP ou no DOG, en horario das 10 as 14 horas, en sobres pechados e asinados de acordo coa base décimo cuarta do prego; a documentación que se vai achegar é a esixida na dita cláusula.

8. Apertura de plicas:

a) Lugar: Casa do Concello; b) Data: terceiro día hábil posterior contados desde a data de terminación do prazo de presentación de plicas sempre que non coincida en sábado; en tal caso abriríanse o primeiro día hábil seguinte; c) Hora: trece horas.

Anexo. Modelo de proposición económica.

Don/a... profesión...domicilio en... con NIF ou CIF número..., en nome propio, ou en representación de..., conforme acredito con poder bastante, coñecedor do concurso tramitado polo concello de Vilalba, pra a adxudicación mediante procedemento aberto e tramitación urxente, do Servico de Limpeza do CEIP Manuel Mato Vizoso, comprométome a presta-lo servicio de acordo co prego de condicións económico administrativas, por un prezo de...(letra e número), IVE incluído.

Lugar, data e sinatura do licitador.

7379