Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 26 de xuño de 1998, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-0649/98 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (praza de España,2-2º), e presentar ante a dita delegación as alegacións que coiden pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-0649/98.

Denunciado: Juan José Rodríguez Piñeiro.

Domicilio: O Olmo, 15-Pontedeume.

Nº de expediente: C-0650/98.

Denunciada: Mª Rosario Moya Leira.

Domicilio: Mosteiro de Monfero, 53-3º Dta.-Ferrol.

Nº de expediente: C-0654/98.

Denunciado: Javier Couce López.

Domicilio: Profesor López Dafonte, 24, P-B, 3ª Dta.-Ferrol.

A Coruña, 26 de xuño de 1998.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

7375