Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 04 de agosto de 1998 Páx. 9.037

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 460/1997, do 21 de novembro, polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no dito decreto, publicado no DOG número 245 do venres 19 de decembro de 1997, é necesario face-las seguintes correccións:

Na páxina 12.261 na clasificación dos residuos infecciosos pertencentes ó grupo 1 onde di:

«Grupo 1. Infecciosos. Aqueles potencialmente capaces de transmitir, de forma fecal-oral, por medio de aerosois ou de calquera outra forma, algunhas das enfermidades infecciosas que figuran no anexo I do presente decreto. Inclúe os residuos procedentes de pacientes afectados polas ditas enfermidades, así como o material de refugallo en contacto».

Debe dicir:

«Grupo 1. Infecciosos. Aplícase o dito concepto a substancias que conteñen microorganismos viables, ou ás súas toxinas, dos que se sabe ou existen razóns fundadas para crer que causan enfermidades no ser humano ou noutros organismos vivos. Para os efectos do presente decreto son aqueles potencialmente capaces de transmitir, de forma fecal-oral, polo medio de aerosois ou de calquera outra forma, algunha das enfermidades infecciosas que figuran no anexo I do presente decreto. Inclúe os residuos procedentes dos pacientes afectados polas ditas enfermidades, así como o material de refugallo en contacto con eles».

Na páxina 12.267, onde di:

«ANEXO I

ENFERMIDADES INFECCIOSAS TRANSMISIBLES POR AXENTES PATÓXENOS CONTIDOS NOS RESIDUOS SANITARIOS

* Ántrax.

* Brucelose.

* Cólera.

* Difteria.

* Disentería amebiana.

* Disentería bacilar.

* Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

* Febre paratifoidea A, B, C.

* Febre Q.

* Febre tifoidea.

* Febres hemorráxicas causadas por virus.

* Lepra.

* Encefalite.

* Mieloidose.

* Mormo.

* Peste.

* Poliomielite.

* Rabia.

* Tuberculose activa.

* Tularemia.».

Debe dicir:

«ANEXO I

RELACIÓN DE ENFERMIDADES INFECCIOSAS TRANSMISIBLES POR AXENTES PATÓXENOS CONTIDOS NOS RESIDUOS SANITARIOS QUE PODEN PRESENTAR PROBLEMAS DE INFECCIÓN NA SÚA XESTIÓN EXTRACENTRO

* Ántrax.

* Brucelose.

* Cólera.

* Difteria.

* Disentería amebiana.

* Disentería bacilar.

* Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.

* Febre paratifoidea A, B, C.

* Febre Q.

* Febre tifoidea.

* Febres hemorráxicas causadas por virus.

* Lepra.

* Encefalite.

* Mieloidose.

* Mormo.

* Peste.

* Poliomielite.

* Rabia.

* Tuberculose activa.

* Tularemia.

Dita relación poderase modificar sempre que as autoridades sanitarias o consideren necesario á vista dos problemas de infección que se presenten na xestión extracentro dos residuos dos establecementos sanitarios.».

6806