Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.011

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso á praza de profesorado desta universidade convocada por resolución da Universidade de Vigo do 19 de decembro de 1997.

En cumprimiento do disposto no artigo 6.8º de Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 19 de decembro de 1997 (BOE do 19 de xaneiro de 1998) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade nun plazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 7 de xullo de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Número de praza: 119/97.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Comisión titular:

Presidente: Roberto Dengler Gassin, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal secretaria: Mª Elena Sánchez Trigo, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Joan Fontcuberta Gel, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Ana de Aguilar-Amat Castillo, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

M. Carmen Vidal Claramonte, profesora titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Fernando Toda Iglesia, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal secretario: Leandro Félix Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Vocais: Francisco Javier Prado Biezma, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Ovidio Carbonell Cortés, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Jeroni Sureda Carrio, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

6709