Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.010

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Mª Teresa Sánchez Castaño. (Praza 1527/1997).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 28 de xullo de 1997 (BOE do 29 de agosto), para a provisión da praza de profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evo

lutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Mª Teresa Sánchez Castaño, e tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos ós que alude o artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Teresa Sánchez Castaño, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

6719