De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de xullo de 1997 (Boletín Oficial del Estado do 23 de setembro), para a provisión da praza número 97/040, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada I desta universidade, a favor de Marta Fernández Redondo, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o apartado 2º do Art. 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais diposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Marta Fernández Redondo, profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada I, desta universidade.
A Coruña, 6 de xullo de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
6722