Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS RIBEIRA SACRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidad adxudicadora: Mancomunidade da Ribeira Sacra.

2. Obxecto do contrato: servicio consistente na organización, supervisión, control e impartición dos cursos formativos relacionados nos pregos de condicións que vai desenvolver esta mancomunidade ó abeiro da iniciativa comunitaria Horizón (granito e lousa, alabastro e outros, madeira e estaño).

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 11.609.620 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 232.192 ptas.

Definitiva: 464.384 ptas.

6. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se require.

7. Data límite de presentación de proposicións: ós 26 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (Diario Oficial de Galicia ou BOP), das 9 ás 14 de luns a venres no rexistro xeral da mancomunidade ou na forma sinalada na cláusula 11.1 do prego de condicións.

8. Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B e C, denominados de documentación xeral, proposición económica e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula XI dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: a Mancomunidade da Ribeira Sacra ás 13 h. do 6º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición: contido nos pregos de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta maior información.

Montederramo, 23 de xullo de 1998.

Antonio Rodríguez Álvarez

Presidente