Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso para concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas en diversos centros sociais municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C98/3.

2. Obxecto do contrato: concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas en diversos

centros sociais municipais.

Prazo de duración: un ano prorrogable ata cinco.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: non se fixa.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1, 2º. c) Localidade: 15001, A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar o concurso para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas en diversos centros sociais municipais.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7356