Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 03 de agosto de 1998 Páx. 9.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998 pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 03/0008354/1998, interposto ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ante a Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas interpuxo recurso contencioso-administrativo nº 03/0008354/1998, contra a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 17 de marzo de 1993, pola que se establecen normas para a asignación de cantidades suplementarias de leite da reserva nacional (DOG nº 65, do 6-4-1998).

En consecuencia, esta dirección resolveu empraza-los interesados nela de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-aministrativa, do 27 de decembro de 1956, na redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril para que poida constituírse en parte no prazo de nove días ante a referida sala.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

7089