Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.973

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTEDERRAMO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Montederramo.

2. Obxecto do contrato: execución da obra accesos ó núcleo de Lamas. Lugar de execución: concello de Montederramo. Prazo: 3 meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 11.400.000 ptas.

5. Garantías: provisional: 228.000 ptas. Definitiva: 456.000 ptas.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Montederramo, plaza Montederramo, 28. Montederramo, 32750. Teléfono: 988 29 20 00, telefax: 988 29 20 71.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións económico-administrativas. Clasificación non requirida.

8. Presentación de proposicións: no Concello de Montederramo (Ourense) durante os 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). Das 9 ás 14 horas de luns a venres no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na clásusula 10.1 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B, e C, denominados de documentación xeral, proposición económica e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nas cláusulas X e XI dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Posibilidade de adxudicación negociada:

Os remanentes que poidan obterse do POL e sexan destinados a este concello, sempre e cando o seu importe non supere o total da baixa obtida no presente procedemento, poderán sufragar obras complementarias desta, que así mesmo poderá ser adxudicada polo procedemento negociado ó adxudicatario da presente obra de conformidade co sinalado no artigo 141 e) da Lei 13/1995.

12. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta maior información.

Montederramo, 21 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7299