Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 26 de xuño de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidarias de planeamento do Concello de Cangas, no ámbito do SAUR-6, que ten por finalidade a redelimitación do solo apto para urbanizar, axustándoa á realidade física da parcela denominada Choupana.

Contra o presente acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse, no prazo de dous meses seguintes ó día da súa publicación no DOG, o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, na Coruña, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto, sen prexuízo da interposición daqueloutros que coide conveniente.

Cangas, 3 de xullo de 1998.

César López Freire

Alcalde accidental

6692