Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 25 de xuño de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, consistentes en ordenar volumes e reaxustar aliñacións na rúa Jacques Cousteau, Choupana, Arteixo, promovido por Roberto Veira Pino e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas depen

dencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 17/1998. PED).

Arteixo, 10 de xullo de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

6654