Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/66-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: desvío L.M.T. no parque empresarial do Pereiro.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 666 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Ponte dos Gozos-A Medorra e remate na L.M.T. a Belmonte. L.M.T. aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 79 m, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. desvío en parque empresarial do Pereiro de Aguiar e remate en apoio de derivación da L.M.T. ó C.T. Fundación San Rosendo. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe no apoio nº 5 da L.M.T. desvío en parque empresarial O Pereiro e remate na L.M.T.S. existente no parque empresarial do Pereiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 22 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6631