Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., Pardiñas (Guitiriz).
Situación: Guitiriz.
Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV de 20 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 3x95. Un centro de transformación de 250 kVA relación 15.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 15 de xuño de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6606