1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.
c) Número de expediente: 98/012/1008.
2. Obxecto.
a) Descrición do obxecto: subministración dun Hovercraft con remolque de vixilancia e rescate de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) Número de unidades que se van entregar: unha (1).
c) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.
d) Prazo de entrega: tres (3) meses contados desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: dezaseis millóns cincocentas mil pesetas (16.500.000 pesetas).
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 40 79.
e) Telefax: 981 54 40 31.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.
7. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5-2ª, Santiago de Compostela, 15771).
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2ª.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
9. Gastos de publicación.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1998.
Javier Pereiro Muñoz
Director xeral de Recursos Mariños
P.D. (O. de 18-12-1997)
7264