Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEREA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 15 de xullo de 1998, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, por concurso e por vía de urxencia, da obra denominada pavimentación dos accesos a Ganzal-Carballo e Orille.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión da mesma data, aprobou o prego de cláusulas admi

nistrativas particulares que rexerán na contratación da mencionada obra, o que se expón ó público polo prazo de 4 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para efectos de reclamacións.

Asemede anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Verea.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución da obra de pavimentación dos accesos a Ganzal-Carballo e Orille, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro Manuel Durán Fuentes.

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento de execución por contrata ascende á cantidade de tres millóns nove mil cento vintecinco pesetas (3.009.125) IVE e demais gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: 60.182 pesetas.

b) Definitiva: será do 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verea, en horas das 9 ás 14 excepto sábados.

b) Domicilio: Carballo-Verea.

c) Localidade: Verea, código postal 32813.

d) Teléfono: 988 43 06 00 ou 988 43 06 58.

e) Fax: 988 43 06 59.

f) Data límite para a obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de proposicións.

7. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, excepto sábados.

Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Verea.

9. Aoertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Verea.

b) Hora e data: 19 horas do día seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Se coincidise en sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil.

Verea, 16 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7240