Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 15 de xuño de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas para a contratación por concurso, procedemento aberto, das obras de afirmado e mellora de capa de rodadura de camiños rurais na parroqia de Rus, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 8.000.000 de pesetas, realizándose a mellora mediante baixa respecto a este.

Prazo de execución: 4 meses.

Fianza provisional: 160.000 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, que se trasladará o luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentarase no rexistro xeral da Corporación en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da ultima publicación do presente anuncio no DOG, BOP ou prensa.

Documentación: presentarase en tres sobres pechados: sobre A: subtitulado Oferta Económica, sobre B: subtitulado Personalidade Xurídica e Xus

tificantes, sobre C: subtitulado Refencias Técnicas e axustados ó modelo que figuran no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 19 de xuño de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde

6550