Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 29 de xullo de 1998 Páx. 8.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 1 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola do 17 de marzo de 1973, 30 de abril de 1992, e a do 26 de novembro de 1992.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da presente resolución, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: José Collazo Pérez.

Domicilio/localidade: Carballo, A Coruña.

Número de expediente: 27/1991 (RO), 514/1990 (CO), 1804/1990 (AI).

Data de resolución da dirección xeral ou consellería: 16 de decembro de 1997.

Preceptos infrinxidos: artigos 20.3º e 4º, 102.9º da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971). Artigo 281 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970).

Preceptos sancionadores: artigo 11.4º da Lei 8/1988, do 7 de abril, sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 500.100 pesetas.

Empresa: Estructuras D y O, S.L.

Domicilio/localidade: Vigo, Pontevedra.

Número de expediente: 322/1997 (RO), 42/1997 (PO), 1686/1996 (AI).

Data de resolución da dirección xeral ou consellería: 24 de abril de 1998.

Preceptos infrinxidos: artigos 20, 21, 22 e 23 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971). Artigo 187 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970), todos en relación ó artigo 14.1º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Sanción imposta: 250.100 pesetas.

Empresa: Evigosa, S.L.

Domicilio/localidade: Vigo, Pontevedra.

Número de expediente: 38/1998 (RO), 267/1997 (PO), 1694/1997 (AI).

Data de resolución da dirección xeral ou consellería: 15 de maio de 1998.

Preceptos infrinxidos: artigo 14 e 15 da Lei13/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais en relación cos artigos 17 e 21 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. 9-3-1971). Artigo 187, 188, 192 e 193 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. 28-8-1970).

Preceptos sancionadores: artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Sanción imposta: 251.000 pesetas.

6584