Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

PRIMEIRA relación de proxectos incluídos no Fondo de Cooperación Local (FCL) de 1998.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse ínteros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da deputación provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras: nº/denominación/concello/prazo de execución/orzamento.

-131/98, Abast. e sto. en Paradela de Moldes, en Boborás, 3 meses, 7.345.487 ptas.

-132/98, Construcción dos campiños de acceso a varios núcleos rurais, Boborás, 3 meses, 10.607.909 ptas.

-221/98, Abast. e sto. na parroquia de Macendo, en Castrelo de Miño, 4 meses, 14.023.971 ptas.

251/98, Rede de sumidoiros no Campo e lugar: igrexa, en Cenlle, 5 meses, 7.078.098 ptas.

-252/98, Camiño Cimadevila-Bouzas, en Cenlle, 5 meses, 4.560.000 ptas.

-262/98, Abast. xeral ó municipio de Coles, en Coles, 2 meses, 6.290.289 ptas.

-263/98, Rede de sumidoiros en Vilarnaz, en Coles, 3 meses, 5.343.593 ptas.

-271/98, Acceso ós Chaos, en Cortegada, 5 meses, 5.650.000 ptas.

272/98, 272/98, Rede de sumidoiros e Abast. en Cortegada, 5 meses, 7.106.643 ptas.

451/98, Rede de sumidoiros na Lamasaída, Canedo, Requeixo e As Quintáns en Maside, 5 meses, 15.721.092 ptas.

551/98, Sto. en Neboeiro, Ousenda e Vilameá, en Paderne de Allariz, 4 meses, 13.746.849 ptas.

581/98, Abast. e sto. a Vilariño, no Pereiro de Aguiar, 3 meses, 15.765.521 ptas.

612/98, Rede de sumidoiros Obenza Torre, en Piñor, 5 meses, 13.389.879 ptas.

731/98, Sto. ó barrio da Capela, en Rubiá, 4 meses, 13.443.329 ptas.

741/98, Saneamento na Viriña, en San Amaro, 5 meses, 9.025.000 ptas.

861/98, Sto. e depuración de residuais en Covelo, San Mamede, en Viana do Bolo, 5 meses, 12.943.270 ptas.

862/98, Sto. e depuración de residuais en Hedroso, en Viana do Bolo, 5 meses, 7.271.513 ptas.

Ourense, 16 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado