Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Enderezo social: Marqués de Valladares 23 2º Ofc. 2, 36201 Vigo.
Denominación: reforma L.M.T. e C.T. en Pedrapinta-Picoña-C.
Situación: concello de Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoio de formigón, desde o apoio 24 da L.M.T. San Xurxo-Picoña ata o C.T. de Picoña-C, concello de Salceda de Caselas. C.T. de 75 kVA, relación de transformación 15 kV-230/400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 11 de xuño de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
6139