Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/112-2, 4998 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA, S.A.

Domicilio social: r/Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: C.T.I., R.B.T. en Barrio Soborvila. Centro Saúde (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: centro de transformación de 160 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión a 380/220 V en conductor R.Z.-0.6/1 kV Al, de 185 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5457