Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 27 de xullo de 1998 Páx. 8.517

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas do baremo do procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres.

O punto 5 da Orde do 6 de maio de 1992 pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso ó corpo de mestes, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nás súas delegacións provinciais, a partir do día 27 de xullo de 1998, as puntuación definitivas do baremo establecido na Orde de 6 de maio de 1992.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse recurso ordinario no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1998.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

6538