Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización U.A. 5 Viñagrande (expediente 4038/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 28 de maio de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.A. 5 Viñagrande na parroquia de Alcabre, formulado pola xunta de compensación da devandita unidade de actuación e redactado polo arquitecto José Mª Catalán Pérez de Lis, nos termos da súa aprobación inicial.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 25 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo