Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, mediante sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución da construcción dun centro de saúde na Parda en Pontevedra.

Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución.

Obra: construcción dun centro de saúde na Parda en Pontevedra.

Orzamento da contrata: 15.269.561 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Garantía defintiva: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación: poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario

Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por el a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

7020