Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, mediante sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reforma e ampliación do edificio para sede da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde en Vigo (Pontevedra).

Obra: reforma e ampliación do edificio para sede da Dirección Provincial do Sergas en Vigo (Pontevedra).

Orzamento da contrata: 527.945.335 ptas.

Prazo de execución: 21 meses.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

Garantía defintiva: 21.117.813 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2º do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3º do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4º do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

7018