Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0007508/98, interposto por María Teresa, María Isabel e Daniel Yáñez Seoane.

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 03/0007508/1998 interposto por María Teresa, María Isabel e Daniel Yáñez Seoane contra Decreto 481/1997, do 12 de decembro, sobre urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, de bens e dereitos para o proxecto de terreos afectados pola parcela nº 8 do campus universitario para a Facultade de Humanidades e a Escola de Enfermería, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo correspondente ó referido tribunal.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas

persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

7040