Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/238-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. rúa Cruz Vermella.

Situación: Arzúa.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor 2R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 50 m de lonxitude, con orixe no C.T. Teodora (expediente 51208) e remate no C.T. rúa Cruz Vermella, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 na rúa Cruz Vermella. Arzúa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6485