Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/196-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. Arteixo 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Pontepedra-área de lecer.

Situación: Tordoia.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Aldán (expediente 51039), seguida de tramo subterráneo, baixo tubo, con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 20 m de lonxitude e remate no C.T. que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Pontepedra-área de lecer. Tordoia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6273