Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., de Lobás, O Silvoso.
Situación: Calvos de Randín.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, de 1.408 metros de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe no apoio existente, en madeira, que se vai substituír da L.M.T. a Pintás e Feás e remate no C.T. aéreo proxectado de Lobás, con 100 kVA de potencia e R/T 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea proxectada de Lobás e O Silvoso en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 12 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6285